04/11/2010
Videoconferencia vía web Do CERN a Compostela coa Física de Partículas.
15/10/2010
Círculo Poético Aberto

Penúltimo acto quere convidarvos ao próximo Círculo, este mes será o sábado 30. Sabede que contamos convosco para participar no acto con poesía, música, performance, etc.
Apúntate e acompáñanos. Ademais do colectivo xa confirmaron a súa participación neste acto:
Iolanda Aldrei (poesía)
Pere Tobaruela (autor da novela " Na cerna da selva")
Belém Grandal (poesía)
Jose M. Garnelo (música, audiovisual)
Gaspar Domínguez (poesía)
Alfonso Rodríguez (poesía)...
II Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico

Máis información (e matrícula en liña) nas páxinas web da AGXPT e de Nova Escola Galega.
15/04/2010
Convocatoria 9 de maio no Courel
Moitas das persoas asinantes fixeron chegar aos promotores do nomeamento varias propostas para que se realice un acto no Courel. Postos en contacto coas asociacións culturais do Courel, todas elas incidiron en apoiar e participar neste acto unitario, convocado xa nesta web para o próximo domingo 9 de maio. Tendo como punto central a figura humana e literaria de Uxío Novoneyra e, tamén, o espazo do Courel, que el reivindicou a protección do mesmo.
Sobre as 11 h., do día mencionado, sairemos da Ferrería de Seoane, nunha camiñada polo camiño antigo do Real, cara á casa natal do poeta, en Parada.
Durante a camiñada faremos unha lectura de seus poemas así como outras actividades. En Parada, será o acto central no que todos están convidados a participar nunha celebración aberta na que se evoque ao poeta e a seu espazo natural, referente vivo da súa obra: “Os Eidos”.
A poesía, a música e as opinións sobre Uxío Novoneyra serán os referentes que asistan a este acto.
Por esta razón vimos a pedir de novo suxestións para que este encontro sexa amplo, dinámico e participativo.
Na páxina web teremos un apartado expresamente dedicado a este acto, onde iremos informando da evolución do mesmo. Para calquera opinión e suxerencia envíenos a súa mensaxe a uxionovoneyra@gmail.com
Con os mellores cumprimentos.
Amigos de Uxío Novoneyra
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
http://www.uxionovoneyra.com/
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010
25/03/2010
Congreso de Ponte nas Ondas
25 de abril en Melgaço
O Congreso Internacional " PONTES DE CULTURA, PONTES DE FUTURO " sobre os 15 anos de Ponte...nas ondas! preséntase como un evento de reflexión e debate sobre a iniciativa de comunicación que nacía nas beiras do Miño no ano 1995 coa denominación de Ponte...nas ondas!
Desde entón, as actividades impulsadas pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! foron ampliando o seu radio de difusión e tamén foron diversificando os seus ámbitos de actuación. Así, desde uns comezos centrados na actividade radiofónica interescolar abórdanse sucesivamente proxectos de ámbito cultural e internacionais ao amparo de institucións como a UNESCO. Neste sentido merece destacar o labor realizado como promotores da Candidatura Multinacional do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, que contou cos apoios da Xunta de Galicia e dos gobernos de Portugal e España.
03/02/2010
Xornadas de análise da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

Celebranse os vindeiros 22 e 23 de febreiro no Consello da Cultura Galega.
O programa do encontro, coordinado por Alba Nogueira, inclúe a presenza de expertos europeos na CELMR que abordarán cuestións de relevo como o réxime de protección do ensino, a intervención lingüística na vida económica e social, os intercambios transfronteirizos ou réximes de protección, obxectivos e principios da CELMR, entre outros.
A asistencia ás xornadas de análise da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias é libre e gratuíta. A capacidade do salón de actos onde se realizarán é de cen persoas, polo que todas aquelas interesadas en asistir deberán remitir un correo electrónico ao enderezo loxistica@consellodacultura.
Para máis información prema aquí:
Xornadas: Compartimos unha cidade, compartamos as nosas linguas

O Concello de Vigo a través das concellerías de Normalización Lingüística e Benestar Social organizan as primeiras xornadas "Compartimos unha cidade, compartamos as nosas linguas" inxeridas no programa "En galego tamén noutros mundos".
As xornadas desenvolveranse os martes de febreiro, a excepción do martes de entroido día 16 e o martes 2 de marzo.
Día 2 de febreiro:
-A diversidade lingüística
-Modelos de integración: Burela
Día 9 de febreiro
-A realidade dos organismos e persoas que traballan no eido da inmigración
Día 23 de febreiro
-A experiencia das persoas inmigrantes en Galicia
Día 2 de marzo
-O futuro da integración
O horario das xornadas é de 17:00h a 20:00h, no auditorio da rúa Areal, 46 (antiga reitoría).
04/12/2009
I Simposium Internacional Ecolingua en Vigo
"O I Simpósium Internacional Ecolingua 2009 analizará en Vigo os próximos días 17, 18 e 19 de decembro a realidade lingüística de Galicia a través de máis de vinte conferencias e mesas redondas, cincuenta especialistas darán a coñecer modelos e políticas lingüísticas no ámbito do estado e no plano internacional en países plurilingües." ler o resto da noticia en Xornal
Tamén podedes accdeder ao programa do simpósium.
Tamén podedes descargar o tríptico do simósium.
Recomendámosvos a lectura da intervención de Xabier P. Docampo no Simposium.
CONVERS-ANDO en Vigo
CONVERS-ANDO é un fermoso e necesario proxecto no traballo de concienciación sobre o emprego do noso idioma, ou como as persoas que forman este colectivo o definen: "unha acción para dialogar coa cidadanía de forma creativa e participativa e rachar os estereotipos que rodean o galego".CONVERS-ANDO organiza para este sábado día 12 de decembro en Vigo un encontro para que calquera de vós se achegue ao longo do día e poida coñecer de primeira man esta iniciativa.

Tedes o programa ao voso dispor nos enlaces resaltados, así como participar na súa rede social en FaceBook.
Nesta rede social atoparedes un extenso álbum de fotos doutros encontros que xa realizaron por distintos lugares de Galicia.
01/12/2009
Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia
"O Consello da Cultura Galega comeza hoxe o seu Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia. Este encontro quere facer unha ampla reflexión colectiva sobre o xeito en que vivimos o galego e a acción política encol do mesmo. O proxecto prevé intervencións dalgúns dos máis destacados especialistas na nosa lingua, así coma de reputados sociolingüistas ou filólogos doutros espazos culturais, sendo cada un deles retrucado por outro investigador." Continuar lendo a noticia na web do Consello da Cultura Galega.Podedes acceder a máis información sobre este Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia, así coma ao seu programa.

