Evento de traballo semipúblico para o avance da localización ao galego e formación de novos tradutores.
Lugar e Data
Ordes, Galicia. 16 de Outrubro do 2010
Descrición
Evento de mellora, colaboración, debate de procesos e proxectos de localización de aplicativos libres ao Galego[1]. Con apioio particular (iniciación guiada) a novos interesados na localización.
Obxectivos
- Debate de terminoloxía técnica problemática na lingua galega para a aplicación dos cambios acordados.
- Creación de grupos de traballo para a mellora da calidade das traducións ao galego de aplicativos libres.
- Creación de grupos de rescate de tradución para proxectos que o precisen.
- Descrición de procesos e ferramentas usados na tradución de aplicativos libres.
- Presentación de aplicativos que axuden á verificación ortográfica, gramatical e técnica das cadeas.
- Revisión dos principais aplicativos.
- Remisión de traducións a upstream desde os distintos proxectos (Ubuntu, Suse, Fedora).
- Sesión de titorización de novos localizadores.
Nenhum comentário:
Postar um comentário