O Premio de Poesía O Grelo está concibido coma un concurso estrictamente en galego para dar a coñecer a poetas noveis, publicando o seu primeiro libro pola dificultade que isto representa.
De O Grelo xurdiron figuras destacadas nas letras galegas hoxe en día como Marta Dacosta, Anxo Angueira, Modesto Fraga, Samuel Solleiro, entre outros.
O Xurado confórmano destacados poetas e escritores galegos, de recoñecida solvencia intelectual.
O Fallo do Xurado farase público e entregarase o Día das Letras Galegas en Vilagarcía de Arousa.
ÁMBITO TERRITORIAL: Galicia
NÚMERO DE BENEFICIAROS: Tod@s @s autores interesad@s.
CALENDARIO: Dende o 01/01/2010 ata o 30/04/2010 (DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS) FALLO XURADO: 15/05/2010.
BASES DO CERTAME:
- A Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, e o patrocinio Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca o XVI Premio de Poesía O Grelo, para fomentar o uso do galego entre as xeracións máis novas, sabendo que nelas está de xeito importante o porvir da literatura de Galicia, e da nosa lingua.
- Establécese un único premio en lingua galega de 1.000€ para o gañador, e 100 exemplares do libro premiado.
- Poderán participar poetas e escritores de calquera nacionalidade, a condición de que presenten os seus traballos en idioma galego e non teñan publicado ningún libro.
- O tema será libre e cunha extensión mínima de 600 versos (imprescindible).
- Os orixinais presentaranse por quintuplicado, mecanografados a dobre espazo, baixo plica, e serán enviados á sede da Fundación Amigos de Galicia en Rúa Fontecarmoa, nº 63 – baixo, 36600 de Vilagarcía de Arousa, ou por correo electrónico a informacion@
fundacionamigosdegalicia.org . O prazo de presentación finaliza o 30 de abril de 2010, ás 14.00 hrs. - Os traballos premiados serán propiedade dos seus respectivos autores, agás a primeira edición que será publicada pola Fundación Amigos de Galicia. En posteriores edicións deberá constar a súa condición de “Premio O Grelo”, Fundación Amigos de Galicia.
- O Xurado estará formado por escritores e xornalistas galegos. A súa decisión será inapelable e terá lugar o 15 de maio de 2010, no Concello de Vilagarcía de Arousa.
- Os orixinais premiados non serán devoltos aos seus autores, nin os organizadores manterán contacto con eles.
- A interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ao Xurado que outorgará o premio. O feito de presentarse a esta convocatoria supón a conformidade do concursante coas presentes bases.
- Os premios deste certame entregaranse no acto que se celebrará co gallo do Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2010, a celebrar en Vilagarcía de Arousa.
Nenhum comentário:
Postar um comentário