24/09/2010
Política Lingüística presenta a Rede de dinamización lingüística
Continuar lendo a noticia.
Concurso de monologos en lingua galega "Que me dis"

Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellería de Cultura, poñemos en marcha o I Concurso de Monólogos "Que me dis!!".
Este concurso, que ten como obxectivo promover o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía, consiste na gravación de monólogos, tanto en formato vídeo coma audio, que serán colgados na páxina web do concello. As únicas condicións son que estean realizados en lingua galega e en clave humorística.
Os premios aos que podedes optar son un ordenador portátil, unha cámara fotográfica dixital e un MP4.
Animámosvos a todos e todas a que vos acheguedes ás novas tecnoloxías para presentar as vosas propostas. E non vos preocupedes porque estamos á vosa disposición para explicarvos como mandalas a través da web. Podedes realizar as vosas consultas no teléfono 981337700 ext 1516 ou 607223794 (Adela); ou ben consultalo nas bases do concurso na propia web.
Guillermo Sánchez Fojo
Concelleiro de Cultura
02/06/2010
Viaxe ás terras de Rosalía
Podedes ver unha galería de imaxes máis completa desta viaxe para poderdes descargar as fotos que máis vos gusten.
26/04/2010
Excursión ao Courel

no Courel
Domingo 9 de maio 2010
8.00 h: Saída da Escola de Idiomas.
11.00 h: Camiñada desde a Ferrería de Seoane do Courel con destino a Parada (lugar natal do homenaxeado da Letras Galegas) organizada por AMIGOS DE UXÍO NOVONEYRA.
- 3 Km de percorrido a pé.
- Paradas para recitar poemas de Novoneyra, quen o desexar.
- Actuacións musicais durante o camiño.
13.00 h: Acto de homenaxe, xunto a casa natal do poeta:
- Evocación de Uxío Novoneyra e o seu espazo natural.
- Intervirán músicos e cantautores.
- Os participantes que desexen intervir neste acto deben solicitalo antes a uxionovoneyra@gmail.com.
- Remate con ofrenda floral diante da casa de Novoneyra a cargo dun grupo de escolares do Courel.
15.00 h: Xantar ao aire libre nos soutos que rodean a casa de Novoneyra, con fermosas paisaxes. Cada persoa levará a súa mochila de comida e bebida.
19.00 h: Regreso para Vigo.
22.00 h: Chegada a Vigo, Escola de Idiomas.
Observacións: Dada a variación climatolóxica do Courel recomendamos que leven paraugas ou chuvasqueiros.
Tamén pode estar un día de moita calor, como é típico nos altos cumes do Courel.
Estas variacións teñen que terse moi en conta.
As persoas deben levar na súa mochila comida e bebida, dado que en Parada non hai bares nin posibilidade algunha de adquirir alimentos
Data: Domingo, 9 de maio
Hora: 8.00 h na EOI
Anotacións: Conserxaría da Escola de Idiomas
Organiza: Equipo de Dinamización Lingüística da EOI
22/04/2010

A autoría deste traballo é de Chus Diéguez, Humberto Martínez e Cristina Ogando, profesores no IES de Pontecaldelas.
15/04/2010
Convocatoria 9 de maio no Courel
Moitas das persoas asinantes fixeron chegar aos promotores do nomeamento varias propostas para que se realice un acto no Courel. Postos en contacto coas asociacións culturais do Courel, todas elas incidiron en apoiar e participar neste acto unitario, convocado xa nesta web para o próximo domingo 9 de maio. Tendo como punto central a figura humana e literaria de Uxío Novoneyra e, tamén, o espazo do Courel, que el reivindicou a protección do mesmo.
Sobre as 11 h., do día mencionado, sairemos da Ferrería de Seoane, nunha camiñada polo camiño antigo do Real, cara á casa natal do poeta, en Parada.
Durante a camiñada faremos unha lectura de seus poemas así como outras actividades. En Parada, será o acto central no que todos están convidados a participar nunha celebración aberta na que se evoque ao poeta e a seu espazo natural, referente vivo da súa obra: “Os Eidos”.
A poesía, a música e as opinións sobre Uxío Novoneyra serán os referentes que asistan a este acto.
Por esta razón vimos a pedir de novo suxestións para que este encontro sexa amplo, dinámico e participativo.
Na páxina web teremos un apartado expresamente dedicado a este acto, onde iremos informando da evolución do mesmo. Para calquera opinión e suxerencia envíenos a súa mensaxe a uxionovoneyra@gmail.com
Con os mellores cumprimentos.
Amigos de Uxío Novoneyra
UXÍO NOVONEYRA (1930-1999)
http://www.uxionovoneyra.com/
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega presenta "Canto de Permanencia" sobre Novoneyra
1.- Canto de permanencia, documental creativo e obra experimental, que dá título ao DVD, é unha interpretación, en linguaxe cinematográfica, dunha escolma de textos da obra de Novoneyra. Sobre este guión literario sobreponse un guión de ficción para termos unha obra que combina textos con imaxes reais rodadas en espazos simbólicos da obra de Novoneyra e, xunto con estas, outras recreadas en estudios de gravación ou en espazos interiores e con actores, resultando un produto susceptíbel de ser visionado de maneira autónoma e independente de calquera contexto e de calquera coñecemento previo da obra de Novoneyra. Cabe salientar que, coa selección de textos, o guión procura construír unha liña temporal que podería seguir o devir das catro estacións.
2.- O segundo audiovisual, A Certeza de Sermos, recolle un recitado de textos de Novoneyra por el proprio. Son textos até agora non divulgados procedentes dos fondos documentais da AS-PG, agás un cedido polo CIFP Anxel Casal da Coruña. Van unidos argumentalmente por textos de discursos de Novoneyra coa voz en off de Fernando Morán e teñen en común presentan o seu carácter marcadamente social.
3.- Finalmente, e como Extras, o DVD recolle un recitado de versos dedicados a Novoneyra por Manuel María, Méndez Ferrín, Mª Xosé Queizán, Bernardino Graña e García Bodaño xunto con imaxes inéditas da gravación de Canto de permanencia.
13/04/2010
Penúltimo Acto - grupo de acción poética
No seu espazo web defínense da seguinte maneira:
"O penúltimo acto non ten principio nin final, nin necesita de testemuñas para aseverar que vive en nós e é posíbel e certo, para saír das palabras e convertelas en acción para pervivilas nesta desmesura necesaria. Penúltimo acto para sermos o que habitamos empregando os nomes axeitados e deletrealos a tódolos ventos para achegarnos antes do final á realidade plena. Un acto de fe para resistirnos a ser invisíbeis."
É un lugar aberto á construción colectiva a través das colaboración que calquera pode enviar para a súa publicación.
Animádevos a coñecelo e participar neste "Penúltimo Acto".
Ponte nas Ondas - programa especial

O vindeiro venres 16 de abril, a través da nosa páxina web emitiremos a gran programación que estamos a preparar co lema "O tesouro dos avós".
Esta programación, que durará 24 horas , escomezará ás 10 horas (9 no horario portugués) , conterá:
- Programas realizados nas escolas e nos institutos
- Música
- Documentais sobre persoeiros que por idade e coñecementos teñen moito que nos ensinar.
25/03/2010
Congreso de Ponte nas Ondas
25 de abril en Melgaço
O Congreso Internacional " PONTES DE CULTURA, PONTES DE FUTURO " sobre os 15 anos de Ponte...nas ondas! preséntase como un evento de reflexión e debate sobre a iniciativa de comunicación que nacía nas beiras do Miño no ano 1995 coa denominación de Ponte...nas ondas!
Desde entón, as actividades impulsadas pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! foron ampliando o seu radio de difusión e tamén foron diversificando os seus ámbitos de actuación. Así, desde uns comezos centrados na actividade radiofónica interescolar abórdanse sucesivamente proxectos de ámbito cultural e internacionais ao amparo de institucións como a UNESCO. Neste sentido merece destacar o labor realizado como promotores da Candidatura Multinacional do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, que contou cos apoios da Xunta de Galicia e dos gobernos de Portugal e España.
A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra
Antón Lopo, A distancia do lobo. Biografía e Uxío Novoneyra.
Uxío Novoneyra está xa gravemente enfermo e rememora a súa vida, desde O Courel da II República ás rúas de Zúric onde viu, a primeiros da década de 1990, os rapaces anestesiarse con heroína. Xorden así unhas memorias concibidas con aparencia de autobiografía, nas que a figura totémica de Novoneyra o inunda todo. En A distancia do lobo, Antón Lopo utiliza a obra do poeta, as súas entrevistas e os seus discursos para reconstruír a traxectoria vital dun escritor que mantivo a liberdade como principio irrenunciable. A partir dese material, e mediante unha serie de entrevistas con Elba Rey -viúva de Novoneyra- e con amigos e persoas que o trataron en vida, trénzase unha peripecia que se inicia cos estertores da vida e conclúe na infancia.
A represión da ditadura, o principio de liberación dos pobos, a bohemia, o refuxio das tertulias ou as dificultades de forxar un ámbito cultural propio nos comezos da autonomía en Galicia, son algunhas das estacións dun percorrido que fai escintilar a práctica totalidade da poliédrica persoalidade dun home que converteu a poesía nunha forma de comportamento.
18/03/2010
Visita guiada ás Salinas romanas de Vigo
“A única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano.”
Hora: 12.00 h
Lugar: Rúa Rosalía de Castro, 21
(diante do centro de saúde)
Data: Mércores, 28 de abril
Hora: 19.00 h
Lugar: Rúa Rosalía de Castro, 21
(diante do centro de saúde)
(Anotacións na conserxaría da EOI: 20 prazas)
Visita guiada
“Un completo e didáctico percorrido pola Mellor Arte Galega,
ademais dun extraordinario espectáculo para tódolos públicos”
Visita guiada á musealización do Castro de Vigo

“Museo que permite facerse unha idea do tipo de hábitat da poboación
Data: Mércores, 17 de marzo
Hora: 17.00 h
Lugar: Monte do Castro de Vigo
(Anotacións na conserxaría: 25 prazas)
14/02/2010
Selección de voces para gravar poemas de Novoneyra
A Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG) está a preparar un vídeo sobre Uxío Novoneyra que estará dispoñíbel a comezos de abril. No vídeo incorpóranse algúns poemas do libro Os Eidos.
A gravación dos textos terá lugar en marzo. Queremos abrir a posibilidade de participar neste documental a todos as persoas que o desexen.Por iso a as-pg convoca un concurso para a selección das voces (unha voz masculina e unha voz feminina) que recitarán os textos de Novoneyra.
Consultade dende aqui as bases desta convocatoria.
03/02/2010
Exposición “Ramón Piñeiro, olladas no futuro”
Temos na Escola de Idiomas de Vigo unha das exposicións máis importantes sobre a figura de Ramón Piñeiro organizadas en Galicia.A exposición “Ramón Piñeiro, olladas no futuro” recrea a personalidade dunha das figuras máis representativas e influentes de Galicia da segunda metade do S.XX que puxo a súa vida ao servizo da reconstrución da identidade de Galicia e da dignificación da súa cultura.
Esta exposición consta de 21 paneis nos que se diferencia unha primeira parte: SINGRADURA VITAL (1915-1990) co seu contexto histórico (TEMPO) e en paralelo, como viviu Ramón Piñeiro dita etapa (VIDA).
A segunda parte, CONCIENCIA DA GALEGUIDADE, reúne a obra colectiva: a “Xeración Galaxia” (a Editorial Galaxia e o primeiro Grial, a Editorial Galaxia e a revista Grial e a importancia do idioma) e a súa obra persoal (significado de saudade, galeguismo e nacionalismo e unha cadeira socrática. Contactos, diálogos, compromisos).
Elementos expositivos: 21 paneis, 2 puntos interactivos, 1 documental, 7 vitrinas con obxectos, publicacións e cartas persoais, 1 peana con máquina de escribir e a recreación do seu gabinete.
Fonte: "Verbum" Casa das Palabras de Vigo.
Xornadas de análise da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

Celebranse os vindeiros 22 e 23 de febreiro no Consello da Cultura Galega.
O programa do encontro, coordinado por Alba Nogueira, inclúe a presenza de expertos europeos na CELMR que abordarán cuestións de relevo como o réxime de protección do ensino, a intervención lingüística na vida económica e social, os intercambios transfronteirizos ou réximes de protección, obxectivos e principios da CELMR, entre outros.
A asistencia ás xornadas de análise da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias é libre e gratuíta. A capacidade do salón de actos onde se realizarán é de cen persoas, polo que todas aquelas interesadas en asistir deberán remitir un correo electrónico ao enderezo loxistica@consellodacultura.
Para máis información prema aquí:
XI PREMIO DE RELATOS CURTOS E CONTOS “XAQUINA TRILLO”
O fallo do premio correspóndelle ao Xurado, composto por intelectuais galegos de recoñecido prestixio e farase público o Día das Letras Galegas en Vilagarcía de Arousa.
ÁMBITO TERRITORIAL: Galicia
NÚMERO DE BENEFICIAROS: 125.357 alumnos de ESO E BACHARELATO/ 191.565 alumnos de Infantil e Primaria.
CALENDARIO: Dende o 01/01/2010 ata o 30/04/2010 (DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS) FALLO XURADO: 13/05/2010.
BASES DO CERTAME:
- A Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, e o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convoca o XI Premio de Relatos Curtos e Contos “Xaquina Trillo” para escolares, co dobre obxectivo de fomentar a creación literaria entre os nenos e mozos, e o uso do galego.
- Poderán participar todos os escolares galegos ata 18 anos, dentro de dúas categorías (categoría A, ata 12 anos, e categoría B, entre 13 e 18 anos).
- Os contos serán de tema libre, debendo ter na Categoría A unha extensión mínima de cinco folios, e de dez na Categoría B. En ámbolos dous casos, deberán presentarse dúas copias mecanografadas, a dobre espazo.
- Os contos serán enviados polo seu autor ou polo Colexio/Instituto no que estude.
- Establécense os seguintes premios:
- CATEGORÍA A*: contos escritos por nenos de ata 12 anos.
- 1º Premio 200€ e 20 libros
- 2º Premio 150€ e 20 libros
- 3º Premio 100€ e 20 libros
- 4º Premio 75€ e 20 libros
- CATEGORÍA B*: contos escritos por nenos de entre 13 e 18 anos.
- 1º Premio 200€ e 20 libros
- 2º Premio 150€ e 20 libros
- 3º Premio 100€ e 20 libros
- 4º Premio 75€ e 20 libros
*A contía será equivalente en libros premiados para os centros de ensino.
- O Xurado estará formado por escritores e profesores galegos, actuando como Secretario con voz pero sen voto, Jesús Busto Peteiro. A súa decisión será inapelable e terá lugar o 13 de maio de 2010, no Concello de Vilagarcía de Arousa.
- O lugar de presentación é a sede da Fundación Amigos de Galicia en Rúa Fontecarmoa, nº 63 –baixo, 36600 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), ou por correo electrónico: informacion@
fundacionamigosdegalicia.org , e a data límite de presentación será o 30 de abril de 2010. - Os contos premiados serán publicados nun único libro. Os traballos na súa primeira edición serán propiedade da Fundación Amigos de Galicia.
- A presentación a este Concurso supón a aceptación destas BASES, decidindo o Xurado sobre calquera eventualidade non prevista nelas.
- Os premios deste certame entregaranse no acto que se celebrará co gallo do Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2010, a celebrar en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Organiza Fundación Amigos de Galicia
Colabora o Concello de Vilagarcía de Arousa
Co patrocinio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria – Secretaría Xeral de Política Lingüística.
"55 mentiras sobre a lingua galega"

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua
presentará o próximo venres 5 de febreiro a súa primeira publicación
titulada "55 mentiras sobre a lingua galega", coordinada polo profesor
da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.
En Vigo será o venres, 5 de febreiro ás 20.00 h na Casa Galega da Cultura, praza da Princesa.
Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador,
ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a
comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións
subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente
partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de
actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de
usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.
Co gallo de ofrecer unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma, sae publicado este esperado libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé naquelas que, por diversas razóns que tamén o libro pon de relevo, a día de hoxe teñen un maior calado na sociedade.
Xa que logo, podemos falar desta publicación como dunha reacción organizada, limpa e contundente contra as difamacións daqueles que, por complexo, mesquindade ou ambas as dúas cousas, só buscan o esmorecemento da lingua propia de Galicia, o galego.
Nos próximos días ofreceremos no noso blogue, http://prolinguagalega.org, cumprida información da multipresentación que deste libro se fará simultaneamente en máis de medio cento de localidades espalladas polo noso país.
BASES DO XVI PREMIO DE POESÍA “O GRELO”
O Premio de Poesía O Grelo está concibido coma un concurso estrictamente en galego para dar a coñecer a poetas noveis, publicando o seu primeiro libro pola dificultade que isto representa.
De O Grelo xurdiron figuras destacadas nas letras galegas hoxe en día como Marta Dacosta, Anxo Angueira, Modesto Fraga, Samuel Solleiro, entre outros.
O Xurado confórmano destacados poetas e escritores galegos, de recoñecida solvencia intelectual.
O Fallo do Xurado farase público e entregarase o Día das Letras Galegas en Vilagarcía de Arousa.
ÁMBITO TERRITORIAL: Galicia
NÚMERO DE BENEFICIAROS: Tod@s @s autores interesad@s.
CALENDARIO: Dende o 01/01/2010 ata o 30/04/2010 (DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS) FALLO XURADO: 15/05/2010.
BASES DO CERTAME:
- A Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, e o patrocinio Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca o XVI Premio de Poesía O Grelo, para fomentar o uso do galego entre as xeracións máis novas, sabendo que nelas está de xeito importante o porvir da literatura de Galicia, e da nosa lingua.
- Establécese un único premio en lingua galega de 1.000€ para o gañador, e 100 exemplares do libro premiado.
- Poderán participar poetas e escritores de calquera nacionalidade, a condición de que presenten os seus traballos en idioma galego e non teñan publicado ningún libro.
- O tema será libre e cunha extensión mínima de 600 versos (imprescindible).
- Os orixinais presentaranse por quintuplicado, mecanografados a dobre espazo, baixo plica, e serán enviados á sede da Fundación Amigos de Galicia en Rúa Fontecarmoa, nº 63 – baixo, 36600 de Vilagarcía de Arousa, ou por correo electrónico a informacion@
fundacionamigosdegalicia.org . O prazo de presentación finaliza o 30 de abril de 2010, ás 14.00 hrs. - Os traballos premiados serán propiedade dos seus respectivos autores, agás a primeira edición que será publicada pola Fundación Amigos de Galicia. En posteriores edicións deberá constar a súa condición de “Premio O Grelo”, Fundación Amigos de Galicia.
- O Xurado estará formado por escritores e xornalistas galegos. A súa decisión será inapelable e terá lugar o 15 de maio de 2010, no Concello de Vilagarcía de Arousa.
- Os orixinais premiados non serán devoltos aos seus autores, nin os organizadores manterán contacto con eles.
- A interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ao Xurado que outorgará o premio. O feito de presentarse a esta convocatoria supón a conformidade do concursante coas presentes bases.
- Os premios deste certame entregaranse no acto que se celebrará co gallo do Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2010, a celebrar en Vilagarcía de Arousa.
