10/03/2011

Exposición colectiva de arte, Letras Galegas 2011

Convocatoria de creación artística
inspirada na obra poética de 
Lois Pereiro

Durante o mes de maio realizaremos na escola de idiomas unha exposición de obras creadas a partir de textos poéticos de Lois Pereiro.
Aquelas persoas que desexen participar poderán facelo de acordo coas seguintes
BASES:
1.    Serán obras orixinais de pintura ou escultura.
2.    Estarán motivadas ou inspiradas nun poema ou unha parte dun poema de Lois Pereiro.
3.    As obras entregaranse na Escola de Idiomas de Vigo antes do venres 22 de abril. Cubrirase un impreso de depósito da obra e outro de recollida ao finalizar a exposición.
4.    Xunto coa obra tamén se fará chegar unha copia dixital da mesma para a súa publicación en catálogo.
5.    As obras serán aprobadas para a súa exposición por un equipo de persoas vinculadas ao mundo da arte.
6.    Xunto con cada cadro entregarase o texto no que se inspira, para a súa colocación ao lado da obra.

Máis información sobre o autor homenaxeado:
Culturagalega.org
Galipedia

28/01/2011

Exposición sobre as Irmandades da Fala

Durante o mes de febreiro poderedes visitar na Escola de Idiomas a exposición
A Galiza das Irmandades
realizada pola ASPG (Asociación Sociopedagóxica Galega).

Consta de paneis nos que está representadas as principais etapas de formación e desenvolvemento deste movemento nacionalista galego nacido en 1916 e que foi o xermolo da gran Xeración Nós que fixo brillar a cultura galega en todo o mundo durante o primeiro terzo do século XX.