05/12/2009

Certame de Postais de Nadal 2009

(postal de Nerea Iglesias)

Postais electrónicas con lemas sobre o galego

O Parlamento galego acaba de anunciar unha feliz idea: O Parlamento de Galicia afonda no plan de austeridade e suprime os agasallos de Nadal.
Neste plan de aforro de gasto inclúe que tamén os parlamentarios/as envíen as postais de Nadal vía correo electrónico.
Como sabemos que non hai moitas postais en galego na rede, invitámosvos a que contribuades a que as nosas señorías teñan onde escoller.

As postais que enviedes serán expostas neste blog.

Haberá premios en libros para as postais máis suxestivas.

O xurado estará composto por persoas pertencentes ao Equipo de Normalización Lingüística da escola.

Enviádeas ao mail da escola de idiomas (eoi.vigo@edu.xunta.es), ou ao mail do ENL (eoi.vigo.enl@gmail.com)

Prazo: durante todo o mes de Nadal.

(postal de Nerea Iglesias)

"Tentei reflectir o encanto que xa de seu ten o galego como lingua, como se contaxia, como se reproduce cal mitocondria e, do mesmo xeito que á súa terra, como se lle quere."











Dende Viveiro, Lugo, chéganos esta proposta de MARÍA ROLLE

Nenhum comentário:

Postar um comentário