04/12/2009

Novo Decreto do galego


O tema sobre a próxima derrogación do Decreto do galego é motivo de referencias na prensa a partir da declaracións realizadas pola presidenta da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, Valentina Formoso.

Xornal de Galicia: "Mentres a Xunta dá as últimas puntadas ao novo decreto que virá substituír ao do galego no ensino, os lingüistas advirten dos perigos de eliminar a obriga de impartir o 50% das materias na lingua propia da comunidade. Segundo os Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística (EDNL), “no caso de que se elimine esta obriga e se deixe ao libre albedrío de centros ou pais, a elección da lingua na que reciben clase os seus fillos, instaurarase un aprendizaxe de idiomas de dúas ou tres velocidades”. (podedes ler o resto da noticia premendo sobre o enlace do xornal)

Atlántico Diario: "La próxima derogación del decreto del gallego en la enseñanza por la actual Xunta y el nuevo texto que presentará este mes instaurará un aprendizaje de idiomas 'de tres o cuatro velocidades', en el caso de que elimine la instrucción de al menos un 50 por ciento de asignaturas en gallego y se deje al libre albedrío de cada centro o de los padres la elección de la lengua en la que reciben la clase sus hijos, según advirtieron los equipos de normalización y dinamización lingüística (EDNL) de Galicia."

A Nosa Terra: "Eliminar a obriga de que polo menos o 50 por cento das materias educativas se imparta en galego desembocará nun modelo de "tres ou catro velocidades" na aprendizaxe de idiomas. Así o advirten os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL).

A portavoz da Coordinadora dos ENDL, Valentina Formoso, explicou que a libre escolla da lingua nas aulas poralle trabas á aprendizaxe e promoción do galego. "Isto suporía unha perda de dominio da lingua, en especial nos ámbitos urbanos, onde xa hai pouco contacto coa lingua".

Nenhum comentário:

Postar um comentário