"A reivindicación dunha maior presenza social da lingua galega implica que esta se estenda aos ámbitos empresarial e comercial. Non ten fundamento o argumento utilizado para negarse a etiquetar en galego aducindo que a lingua
galega pecha portas noutros mercados. Iso non é certo. Que llelo digan ás cento cincuenta e sete adegas galegas que etiquetan no noso idioma e están nos mercados internacionais." Ler a noticia completa...Esta é unha importante inicaitiva que debemos divulgar entre todas as persoas ás que poidamos chegar. Estaremos protexendo e dinamizando a cormecialización dos nosos produtos e, principalmente, estaremos contribuíndo á difusión do noso idioma e a súa normalización no comercio e na empresa.
Aqui poñemos á vosa disposición unha ampla listaxe de produtos para o Nadal etiquetados en galego sacada da páxina web da Secreataría Xeral de Política Lingüistica.
Moitas grazas tamén ao editor Manuel Bragado, quen nosamplía esta chamada de atención sobre os produtos etiquetados no noso idioma cun fermoso artigo publicado en Faro de Vigo:
"Cada vez son máis numerosas as empresas que escollen a lingua propia do país para a etiquetaxe dos seus produtos e servizos. Tras o sector dos produtos culturais, dende hai décadas pioneiro nesta aposta, xa son moi diversos os sectores económicos e comerciais que prefiren utilizar o galego como lingua vehicular das súas etiquetas xa que nela atopan un valor engadido que incrementa a competitividade e atractivo dos seus produtos tanto no mercado interior como cando son exportados. Dende o sector vitícola ao das augas minerais e gasosas, pasando polo do mel, do aceite e dos produtos cárnicos, dende o da agricultura ecolóxica ao leiteiro, o galego ten unha presenza habitual na etiquetaxe destes produtos como mellor indicador de orixe con autenticidade." Continuar lendo todo o artigo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário