Invitámosvos a outra proposta: contardes por que optastes polo galego. Que fixo que vos decidísedes pola utilización habitual e normal do noso idioma na vosa vida cotiá.
Esta proposta está recollida directamente dunha anotación que o escritor Francisco Castro publicou no seu blog, respondendo esta mesma pregunta sobre si mesmo e que tantas respostas está motivando. Esta "confesión" de F. Castro fíxonos reflexionar sobre a importancia de que moitas persoas que decidiron empregar sempre o galego na súa vida nos contasen por que optaron por facelo e servir de aliciente a outras moitas persoas que o lean e que poidan animarse a facelo tamén.
Temos que enviarlle unha forte aperta a Francisco Castro e o noso profundo agradecemento polas continuas ideas coas que sementa este país.
Polo tanto, non vos cortedes e escribide as vosas "confesións" no apartado de "cometarios" ou enviádeas ao noso mail: eoi.vigo.enl@gmail.com
Nenhum comentário:
Postar um comentário