03/12/2009

Windows 7 estará en galego

Windows 7 estará en galego dentro duns meses, segundo confirmou a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O lanzamento do sistema operativo de Microsoft na nosa lingua chegará ao mesmo tempo cá versión en éuscaro, como acontecera co Windows Vista. A versión en catalán de Windows 7 presentouse este martes, confirmando a especial atención que ten Microsoft cara ao mercado catalanfalante." Continuar lendo a noticia en Vieiros.com.

Ante esta noticia xorden varias preguntas:

  • Por que sempre imos por detrás do castelán na incorporación das novas tecnoloxías?
  • Non tiña a administración galega a previsión da aparición desta nova versión do sistema operativo Windows?
  • Por que outros idiomas da península coma o castelán e o catalán si teñen esa previsión?
  • É un gasto ou un investimento para unha administración estar á altura dos acontecementos?
  • Por que a nosa administración non é capaz de crear "mercados galegofalantes" á par dos "mercados castelanfalantes"?
  • Por que se permite dende a nosa administración que o galego sexa tratado como un idioma de segunda no noso propio país?
  • Por que non temos o mesmo dereito e oportunidade de ter Windows 7 en galego igual ca os demais idiomas?

Nenhum comentário:

Postar um comentário